8 dic 2018

BREAKOUT MATEMÁTICO PARA REMATAR O DÍA DA CIENCIA.



Despois dunha magnífica posta en común dos traballos científicos, o alumnado de primaria enfrontouse a uns retos matemáticos para conseguir a MEDALLA  FIELDS. As nenas e nenos foron  distribuídos en grupos onde participaban xuntos os de 1º e 2º, por outro lado os de 3º e 4º e por último os de 5º e 6º. Tiñan que conseguir seis pistas para resolver outros tantos retos e así formar a clave que abría o candado do cofre onde estaban agochadas as medallas Fields.
Houbo moitas carreiras, emoción, algunha decepción tamén ao ver que se esgotaba o tempo no cronómetro e non daban coa clave, pero ao final todo o alumnado conseguiu a súa, que mostran con orgullo na seguinte imaxen.


No hay comentarios: