Nesta ocasión quero ensinarvos unha pequena mostra dos traballos que os nenos e nenas do Colexio de Cervo foron facendo ao longo deste curso.
Todos eles están enmarcados dentro da temática de XEOGRAFÍAS LECTORAS, común a todas a bibliotecas de Galícia e máis concretamente dentro do noso Proxecto Documental “COÑECEMOS A MARIÑA LUCENSE E OS TRABALLOS DA NOSA XENTE”.
Antes de pasar a compartilos con toda a Comunidade Educativa e con todos os centros da Microrrede da Mariña quero dar as GRAZAS a todos e cada un dos participantes no proxecto, sodes fantásticos e atópome moi orgullosa de vós! Sei que traballastes a reo e que aprendistes moitas cousas novas sobre a NOSA COMARCA.
Unha das nosas primeiras producións foi o CALENDARIO COLABORATIVO ( Descarga) logo dun proceso de investigación e documentación sobre os OFICIOS TRADICIONAIS GALEGOS. Esta documentación queda recollida no seguinte padlet colaborativo:
:Tamén, entre tod@s, dende os máis peques aos máis grandes fixestes un monográfico sobre os diferentes CONCELLOS que integran a Mariña Lucense e profundastes en aspectos como: a súa localización, análise do crecemento da poboación, monumentos ou lugares de interese turístico e cultural, sectores laborales predominantes, gastronomía ... e outros moitos aspectos. Foi un traballo laborioso ao longo de todo o 2º trimestre, pero pagou a pena! Noraboa compañeir@s!
A cousa non quedou aí... xa sabíamos que era a emigración, pero... na área de Língua Inglesa xurdeunos unha nova dúbida... hai inmigrantes na Mariña? E si é así ... como é a súa experiencia? A continuación tedes un audiovisual que nos achega varias historias persoais de MARIÑÁNS de corazón.
Xa para rematar queriamos contarvos que nos próximos días estará dispoñible o programa de radio: A MARIÑA LUCENSE, COMO MOLA A NOSA XENTE! Emitido de dende ... ONDA PUCA RADIO!
Nel o noso alumnado fai un percorrido por diferentes mariñ(á)n que destacan por algún aspecto e nos tocan o corazón! Polo momento deixámosvos algunhas fotos do proceso:
1 comentario:
👏👏👏👏👏👏💪💪💯
Publicar un comentario