30 abr 2009

PUCA TAMÉN LE...















¿Pensabades que no colexio non fixeramos nada para celebrar o Día do Libro? Claro, como non vos contabamos nada...Pois estabades equivocados! Participou todo o mundo e senón mirade as imaxes: as nenas e nenos do 1º ciclo fixeron dúas PUCAS en tamaño grande. Unha vestírona e sentárona nunha cadeira co libro do Patiño Feo, para que lea os contos de Andersen, colocárona no corredor da entrada do colexio. A outra, moi pintadiña e morena como si fose ao solario, está na biblioteca.
¡¡Mirade que contentas están lendo!!
¿ Cal vos gusta máis?
Pero fixemos máis cousas:
En cada clase as nenas e nenos recoméndáronse libros e prestáronos.
Traballouse a educación documental a través da realización dun folleto sobre o Día do Libro onde había que buscar a información en varias fontes.
Fíxose unha exposición de libros " especiais" en colaboración coas familias. Aqueles que quixeron participar, trouxeron un libro que para eles ou para a súa familia é especial, por antiguo, por terlle especial cariño, por...moitos e variados motivos. Cubriuse unha ficha de cada libro cos datos e explicando porque é especial.
O profesorado participou traendo libros para recomendar e prestarse entre si. Un dos que foi máis folleado e solicitado é o titulado " Sabios consejos para mantener la calma". ¡Moi significativo!Máis fotos ...











TOBY, O MEU POCHIÑO

Mario, un alumno de 3º de primaria, quere colaborar no blog da biblioteca cunha narración sobre o seu can. Dinos que o adaptou do libro " Platero y Yo", do autor Juan Ramón Jiménez.
¡Unha boa imitación!
Aproveitamos que Mario nos recordou a este autor para mostrarvos unhas páxinas, por si queredes saber máis cousas del ou ler os seus poemas.
Para ver mellor o que escribiu Mario, preme encima e veralo a tamaño máis grande.

26 abr 2009

SELO VIOLETA

O blog PONTEVELLA, da biblioteca do IES RIO MIÑO DE RÁBADE concedeunos fai uns días “O Selo Violeta" que nos aclaran: "representa as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".
As regras para aceptar o Selo Violeta son:
Exhibir o Selo Violeta no blog xunto coas regras.
Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo.
Avisar aos indicados, non hai que esquecerse diso,
Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.
Os blogs elixidos son:

En canto aos poderes máxicos... gustaríame ter aquel que fixese posible que tódolos nenos e nenas fosen felices no cole, que a alegría, ansia e ilusión por aprender non se lles acabe nunca. Tamén me gustaría ter o poder de concederlles moita imaxinación aos profes, para que non deixen de contarlles contos e fermosas historias ao alumnado.

VISITAMOS SANTIAGO




O pasado venres 24 de abril, fixemos unha visita a SANTIAGO DE COMPOSTELA os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. No cole preparamos un pouco esta visita coa elaboración dun folleto con preguntas sobre Santiago e os sitios que visitariamos.
O tempo non nos axudou moito porque nos choveu, sobre todo pola mañá, de camiño a nosa primeira visita que foi a GALICIA DIXITAL.
A quí pasámolo moi ben , sobre todo na montaña rusa e na carreira de carrilanas, onde houbo quen ata rompeu as uñas de darlle coas mans ás rodas da carrilana.
Despois de divertirnos en GALICIA DIXITAL percorremos as rúas de Santiago ata chegar ao MUSEO DO POBO GALEGO, Pasando antes pola PLAZA DA QUINTANA onde vimos o PAZO DE RAXOI e fixemos fotos diante da CATEDRAL, ata vimos unha manifestación que para os que non estamos moi afeitos a velas, foi unha novidade.
Chegamos ao MUSEO DO POBO GALEGO a nosa 2ª visita, alí visitamos algunhas das salas permanentes, tales como a do Mar e a do Campo e logo tiñamos pensado comer no parque que está alí cerquiña, pero como chovía tivemos que cambiar de planes e buscar cobixo nunha área comercial. O cambio non estivo mal, porque despois de comer tivemos tempo libre para dar unhas voltas por alí.
Ás catro visitamos o CENTRO DE ARTE CONTEMPORÁNEA: os de 2º ciclo a exposición PEQUENA HISTORIA DA FOTOGRAFÍA e os de 3º ciclo PORTAS DE LUZ. UNHA ACHEGA Á ARTE E Á CULTURA DA GALICIA DOS SETENTA, que nos gustaron moito tanto unha como outra.
E xa voltamos para Cervo, pois aínda tiñamos unhas dúas horas e media de viaxe. Pero no autobús tamén o pasamos moi ben...Un día ben completo!
Recorda que as palabras destacadas levan enlaces a páxinas con máis información, preme nelas para poder velas.






22 abr 2009

DÍA DA TERRA, 22 DE ABRIL
























O 22 de abril celebrase en moitos paises O DIA DA TERRA. O seu promotor, o senador estadounidense Gaylord Nelson, instaurou este día para concienciarnos dos problemas da contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacions ambientais para protexer a Terra.A biblioteca recomendou nas lecturas de Nadal, un libro titulado:
YO SERE LOS OJOS DE LA TIERRA
Del son estas imaxes,premede nelas para ler os textos. Comentadenos algo, si vos apetece. Pola nosa parte só engadimos que podes saber máis cousas si premes las palabras suliñadas porque teñen enlaces a outras páxinas.

Tamén vos poño un vídeo para que disfrutedes dos sons e as paisaxes da NATUREZA.

FELIZ DÍA E ESPERAMOS QUE NO FUTURO NON SEXA NECESARIO TER UN DÍA DA TERRA, DÍA DA MULLER, DÍA DO LIBRO, DIA DE...


21 abr 2009

APRENDEMOS COUSAS DAS PATACAS

A clase de 4º decidiu plantar patacas na súa parcela do invernadoiro.Algúns sabían xa cousas sobre elas, por exemplo Simón contounos que as había de moitas clases e que facía falta esterco ou guano para botarlles e que as había que plantar sempre co xaramolo cara arriba. Cristina dixo que antes de plantalas, había que cortalas en talladas e metelas en area para que se conserven e non se estropeen...
Pero...tiñamos outras dúbidas que resolver, por exemplo:





  • Como debe estar a terra para ser plantadas.

  • Cal é o froito da pataca.

  • De onde proce a pataca e como chegou aquí.

  • Que clases de patacas hai e cales se dan mellor en Galicia.

  • Por que se lles chama patacas vellas e patacas novas.

  • As enfermidades que teñen.

  • Cal é o seu valor nutritivo.

  • En que minerais son ricas.

  • Para que serve o xaramolo.

E moitas máis cousas que ían xurdindo.¿E onde podiamos atopar as respostas? Como xa preguntáramos aos avós e avoas, quedábanos a biblioteca. Alí tiñamos os libros e internet. A profe deunos un folleto coa información que queriamos atopar e puxémonos mans a obra. PUCA, que é moi curiosa, tamén quería saber cousas da pataca.

Logo de enterarnos ben, trouxemos patacas da casa, cortámolas en talladas e botámolas no invernadoiro. Plantámolas baracas e desirée. Como nos sobraba sitio, tamén puxemos uns pementos.

E aquí tedes o resultado, mirade que boas van!!! Cando as apañemos faremos unha tortilla no comedor para probalas. Bueno, as parcelas dos nosos veciños tamén da gusto velas!!!

Saúdos da clase de 4º






























18 abr 2009

PREMIO AO COMPROMISO EDUCATIVO

Que nos chega do blog DUENDES JUGUETONES.Trátase do premio:
O COMPROMISO EDUCATIVO
que quere recoñecer e valorar:
  • O compromiso por unha Educación de Calidade.
  • A aposta pola incluir as TICS na aula.

  • O esforzo de pais, profesionais e centros educativos por incorporar as TICS ao proceso educativo.

  • A loita por defender a través da Ensinanza, Valores como: Solidaridade, Amor, Cariño, Respecto, Esforzo, Axuda, Compartir e Compromiso co futuro das nosas fillas e fillos e do alumnado.

  • Recoñecer e valorar o esforzo das familias, profesionais e centros educativos, por integrar de forma efectiva nos colexios e na sociedade ao alumnado especial, procurando darlle toneladas de amor e posibilitándolles tódolos recursos ao noso alcance.

As normas deste premio son:

1º.-Publicar entrada cos obxetivos do premio e enlace a http://www.loquelegustaamishijas.com/

2º.-Publicar na entrada a lista de blogs aos que entregades o premio.
3º.-Comunicar a cada blog premiado a concesión do premio
Os premiados podedes repartir este premio libremente a aqueles bogs que consideredes están traballando nesta línea. Nós esperamos poder seguir avanzando cara a conquerir os aspectos e valores que require o premio e que non son poucos!!!

Dámoslle o premio a:

Xa vedes que tiramos para a casa, pero pensamos que si en algo destaca o Colexio de Cervo e estes dous blogs que acaban de xurdir, é no compromiso educativo que valora este premio.

Moitos saúdos e grazas ao blog que nos deu a oportunidade de compartir este premio, DUENDES JUGUETONES.

16 abr 2009

MIGUEL DE UNAMUNO. SELECCIÓN POÉTICA


Este mes adicado ao libro queremos recomendar un de poesías, do autor Miguel de Unamuno. Titúlase:
MIGUEL DE UNAMUNO. SELECCIÓN POÉTICA

Texto: Miguel de Unamuno.
Ilustracións: Artur Heras.
Selección e biografía: Antonio Rubio e Federico Martín Nebras,
Editorial Faktoría K.
Colección Trece Lunas.40 págs. ,15x23,5 cm.

He aquí mi confesión,
este rimado diario,
y como en un diccionario
puede anidar la canción”.
(Miguel de Unamuno)



Despois das escolmas poéticas dedicadas a Rosalía de Castro e a Celso Emilio Ferreiro, a editorial FAKTORÍA K reforza a colección ‘Trece Lunas’ coa obra en castelán de Gabriela Mistral e de Miguel de Unamuno, un dos principais poetas do século XX, gran amigo de inventar linguaxes especiais.
Esta selección presenta trece composicións do seu Cancionero, un diario formado por máis de 1.700 poemas. As ilustraciones de Artur Heras, a base de técnica mixta e o tratamento dixital, xogan col simbolismo, a asociación de ideas, alenguaxe e a cor.
Un libro que convida a ler un poema cada día, ou cada semana, ou cada mes.
Si queredes saber máis sobre este autor e a súa obra, premede nas palabras suliñadas.

UN DÍA DE PESCA


A Rafa, un alumno de 4º, gústalle moito ir de pesca e quixo contarnos o ben que o pasa indo co seu pai e o seu avó, ademáis fíxonos un debuxo para ilustrar a narración. Moitas grazas pola colaboración.


UN DÍA DE PESCA

A min, a meu pai e a meu avo, gústanos moito ir pescar. Aproveitamos tódolos días que o mar está bon, erguemonos cedo, comemos o almorzo, poñémola roupa, eso si, hai que ir ben abrigado.
Unha vez que estamos listos collémolo coche e imos ao porto de Viveiro. Asi que estamos na lancha, arrincamos o motor, desatamos os cabos, encendémolas luces e zarpamos ao mencer rumbo a illa Coelleira que é onde máis nos gusta ir pescar, de feito é o sitio ao que máis imos.
Meu pai ten unhas marcas moi boas de peixe, alí hai: robalizas, corriolo, bambas, agullas. Mentras nós pescamos, miña avoa fai a comida e miña nai limpa a casa.
Nós acostumamos ir pescar os fins de semana ou nas vacacións. En inverno collemolo camarón e imos pescar a fondo as maragotas, xullas,congrios… Algunhas veces pican peixes pequeniños ou velenosos que tiramos outra vez a o mar.
A min gústame moito pescar á cacea máis que nada, aínda que tamén me gusta moitísimo pescar o corriolo a chibo. A meu pai gústalle pescar a tódalas artes, aínda que o que máis lle gusta é pescar a fondo.
Cando temos bastante peixe e se ven achegando a hora do xantar, voltamos á casa onde nos agardan miña avoa e miña nai. Cando chegamos, o primeiro que facemos é comer, logo meu pai, e meu avó lavan o peixe.Sempre repartimos para toda a familia. E así remata un día de pesca, pero sempre me queda a ilusión de cando volverá a estar bo tempo para volver a repetir a experiencia

Rafa, 4º curso

14 abr 2009

DAMOS A BENVIDA AO BLOG NATURACERVO


Voltamos das vacacións con moito ánimo e ganas de traballar, pois acaba de crearse no colexio un blog para "mostrar os traballos que o noso centro fai para millorar a nosa concienciación pola conservación e millora da natureza", según dice na súa presentación.

Si o queredes visitar déixovoss o enlace na seguinte palabra, preme nela e disfruta con estes traballos.


11 abr 2009

CONTOS INTERACTIVOS


Ola a todas e a todos:

Xa sei que estamos de vacacións e que as vacacións son para descansar...pero tamén as podemos aproveitar para ler e para escoitar contos. Atopei unha páxina de contos interactivos que me parece interesante.

Aquí vola deixo para que argalledes nela. Preme na imaxe e verás...

Saúdos de PUCA

9 abr 2009

ENCONTROS DOS CENTROS DO PLAN DE MELLORA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2008/2009


Os vindeiros 16 e 17 de abril, en Santiago de Compostela (Escola Galega de Administración Püblica, EGAP), terán lugar os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2008/2009, nos que se reunirán integrantes dos equipos de biblioteca daqueles centros que están incluídos neste programa da Consellería de Educación no actual curso 2008/2009.
Esta actividade de formación está pensada como un espazo de encontro entre o profesorado responsable destas bibliotecas escolares, con tempos para a reflexión conxunta e o intercambio de experiencias e materiais sobre os aspectos básicos relacionados coa xestión, dinamización e visibilización destes imprescindibles recursos educativos. As achegas de expertos como Glòria Durban, Ana Bernal, Felipe Zayas, Concha Costas, César Iglesias, Encarnación López Chicano, Juana Vázquez ou Emilio Pascual, axudarán con toda seguridade aos profesionais das bibliotecas escolares a avanzar na súa formación, o que garante apoios decisivos para a mellora da calidade do ensino que se imparte nos centros. PROGRAMA

6 abr 2009

OLHA QUE BLOG MANEIRO!


Os nosos amigos OS DUENDES JUGUETONES agasalláronos cun premio ben fermoso e orixinal: ser nomeados como BLOG MANEIRO, que quere dicir algo así como un blog creativo, atractivo, etc.

Pero este premio ten as súas normas, que nós tentaremos de cumplir e que son as seguintes:


Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Poñer o nome do blog que cho deu.
- Indicar os teus 10 blogs.
- Avisar aos indicados.
- Publicar as reglas.
- Comprobar que os blogs indicados sigan as reglas.
Así que vamos a propoñer os blogs seguintes, procurando non repetirnos:

A BIBLIOTECA DE LIBRUXA

BIBLIOCOVAS

SALCEDOTECA

BIBLIOMASA

ORELLA PENDELLA

BIBLIOTECA RIO CABE

BIBLIOBREY

UN RATO NA BIBLIOTECA

MESTURAS

BIBLIOTECA OLLOS GRANDES



A todos os blogs que están metidos nesta aventura de compartir os seus traballos, un saúdo super, super MANEIRO.



2 abr 2009

2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


Cada ano dende 1967, o día 2 de abril, o IBBY (International Board on Books for Young People) celebra o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, un día no que se conmemora o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen e no que se pretende inculcar o amor aos libros nos máis pequechos.

Un país membro desta organización é o encargado de facer cada ano, o cartel anunciador e de invitar a un autor importante para escribir unha mensaxe dirixida a todas as nenas e nenos do mundo.

Este ano, o país que se encargou foi Exipto e o cartel seleccionado é o que mostramos na imaxe, do artista gráfico Hani D. El-Masri. A mensaxe é “I am the world” ( Eu son o mundo), que reproducimos a continuación:


YO SOY EL MUNDO


Yo soy el mundo, y el mundo soy yo,

porque por medio de mis libros

puedo ser lo que quiera.

Palabras y dibujos, prosa y verso

me trasladan a lugares

que están cerca y a la vez lejos.


En la tierra de los sultanes y del oro,

mil historias que hablan sobre todo

de alfombras voladoras,

genios de lámparas maravillosas,

ogresas y simbades,

le cuentan sus secretos a Sherezada.


Con cada palabra de cada página,

viajo a través del espacio y del tiempo.

Y sobre las alas de la fantasía,

mi espíritu atraviesa tierra y mar.


Cuanto más leo, más comprendo

que con mi libro siempre estaré

en la mejor de las compañías.



Si queres ter maís información desta data podes consultar estes enlaces: