15 may 2012

CARTAZ DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA


Para animarnos a participar no Día da Arte Galega o deseñador da Cerámica de Sargadelos, Xosé Blanco, fíxonos este fermoso traballo, que nos invita, aos que nos gustaría que a plástica fose unha actividade que impregnara tódalas actividades dun centro educativo, a traballar  dun xeito onde se de  renda solta á creatividade e a imaxinación do noso alumnado, a que o día 1 de xuño de tódolos anos, conmemoremos o nacemento dun grande artista como foi LUIS SEOANE, facendo actividades sobre distintas técnicas pictóricas, distintos autores, outras artes plásticas como a escultura, arquitectura, artesanía,... e en definitiva, se é posible, extender este día a tódolos días do curso escolar.
Aproveitamos para agradecer a Xosé Blanco, toda a súa colaboración co noso centro facendo este fermoso cartel, cos seus mosaicos, os cartaces de Voz Natura, a decoración do parque infantil e do invernadoiro, e tantos e tantos traballos, que o colexio parece unha extensión da súa obra.

1 comentario:

Belenjunquera dijo...

Que cartaz tan bonito!!! Encántame!
Parabéns!!