11 may 2012

DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA


Ao correo do blog chegou esta proposta  do colexio  coa petición de que o difundamos entre os visitantes e seguidores do blog. Nós así o facemos agardando que sexades moitos os que vos sumedes a ela. 

O CEIP DE CERVO. LUGO


Quere propoñerlle a tódolos colexios que forman a comunidade educativa galega, a celebración do “DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA”.

Esta proposta xorde no noso centro despois de traballar durante os dous últimos anos, a través da reflexión no grupo da biblioteca escolar, a arte nas súas distintas vertentes: pintura, volume, arquitectura,... e avaliar a experiencia  coma dun gran enriquecemento para a nosa escola. Polo tanto animámosvos a sumarvos a esta iniciativa que, sen lugar a dúbidas, resultará satisfactoria.
Eliximos o 25 de maio como data da celebración, aínda que podía ser removible se nos suxeriades unha alternativa fundamentada.
Xa tivemos unha suxerencia para o 1 de xuño, porque era a data de nacemento de LUIS SEOANE, e nos pareceu moi ben porque ademáis de ser un xenio das artes e das letras é cofundador con Isaac Díaz Pardo da Cerámica de Sargadelos, que temos ao noso lado e colabora connosco en cantidade de iniciativas educativas e culturais. Polo tanto nós xa o pasamos este ano para o 1 de xuño.
A continuación, por se vos serven, comentámosvos as actividades que sobre esta celebración fixemos ou temos previsto facer. En todo caso, queda totalmente aberta á iniciativa de cada centro o que, de seguro, enriquece a proposta inicial.
Este ano dedicámolo aos pintores da nosa comarca. Trátase de dalos a coñecer ao noso alumnado. Para iso,
-         Facemos unha exposición con cadros prestados polos mesmos, durante uns días.
-         Facemos obradoiros, durante estes meses, coa participación dalgún dos artistas.
-         Os artistas son invitados ao colexio o día da celebración e proporémoslles elaborar  entre todos un cadro colectivo. Tamén, serán entrevistados polos alumnos maiores e, para iso, están elaborando as entrevistas para cada un deles. 
Outras posibilidades que se nos ocorren son:
-         Pasar co alumnado e analizar os seus cadros.
-         Visitar museos do entorno.
-         Buscar a arte na vida cotiá: colexio, rúa...
-         Analizar un cadro empregando un esquema previo.
-         Facer prácticas co alumnado con distintas técnicas.
-         Aplicar a arte e obras artísticas nas aulas e no colexio: normas, manteis,..
-         En xeral, abrir a escola ao arte e difundir esta experiencia a toda a nosa comunidade escolar. Con visitas á exposición, libro de visitas...

Esta celebración nace con idea de continuidade pois pretendemos, nos anos sucesivos, introducir novas temáticas, distintas técnicas, pintores, escultores...

Todo isto estará aberto ás suxestións, cambios e melloras que nos fagan outros colexios, polo que agardamos que os que se sumen a este día nos manden as súas iniciativas, as súas actividades para colocalas nun blog que dedicaremos a ese día.

O noso correo electrónico é ceip.cervo@edu.xunta.es e o noso blog da biblioteca, onde empezaremos a colocar os traballos que nos vaian chegando, é bibliocervo.blogspot.com.

Agardando a colaboración de todos un saúdo galego dende Cervo.
Asdo: Xerardo López Enríquez.

2 comentarios:

PLASTIQUEM - Espe dijo...

Un proyecto muy interesante. A cercar el arte a la escuela y a los niños es una manera de educar, y por lo tanto, de formar y producir conocimiento. Felicidades por esta iniciativa.

http://bibliolhosgrandes.blogspot.com.es/ dijo...

Na Mariña, sempre á vangarda! Parabéns por esa magnífica iniciativa! Por se vos interesa, recentemente naceu unha asociación moi vinculada co que estades facendo, integrada por xente nova, con moita vontade de traballar:
http://aarteentransito.blogspot.com.es/
Maria